Bitácora para a clase de Latín do IES Alexandre Bóveda. Para sorprendernos uns ós outros.
29/11/09
Novidades curso 2009-2010
15/6/09
En resposta a un comentario anterior. Selectividade
10/6/09
Máis sobre a selectividade
- Sufixos latinos
- TOPONIMIA
-EXPRESIÓNS LATINAS (sabedes xa que escoller?)
27/5/09
Selectividade: cabesiña e poucos nervos
Por outra banda, e dado que vexo que non navegades moi ben polo apartado SELECTIVIDADE, envío o ENLACE DIRECTO Á PÁXINA ONDE SE EXPLICA O EXAME DE LATÍN. Outro ENLACE AO MODELO DE EXAME. E por último, desde ESTE ENLACE, se picades en CRITERIOS DE CORRECCIÓN, XUÑO 2008, aínda que o modelo de exme de aí non sirva, si que ven no documento unha explicación de como se debe contestar aos exames.
Ademáis, non esquezades facer algún texto novo que resolveremos os días que queirades. Estou sempre aquí.
22/4/09
Novos recursos para segundo bacharelato.
7/3/09
Petición popular
24/2/09
Viaxe a Roma III. Panteón de Agripa
No ano 27 a.C., o xenro e conselleiro de Augusto, Marco Vepsanio AGRIPA, fixo construír este templo que adicou a tódolos deuses do Olimpo, principalmente a Marte e Venus, protectores da familia Xulia (Agripa estaba casado con Xulia, filla de Augusto) Chamóuselle Pantheon, palabra grega que significa "DE TÓDOLOS DEUSES"
Sabemos que este non é o templo orixinal, que era rectangular e foi destruído por un incendio, senón que se trata dunha reconstrucción da época de Adriano
O seu nome non aparece nas inscripcións debido a que este emperador rexeitaba que o seu nome figurase nas obras levadas a cabo baixo o seu mandato. Pero as marcas de fábrica atopadas nos ladrillos corresponden aos anos 123–125, o que permite supoñer que o templo foi inaugurado polo emperador durante a súa estancia na capital entre 125 e 128. Aínda que non se sabe con certeza quen foi o arquitecto, o proxecto atribúeselle a Apolodoro de Damasco.
O edificio quedou composto por unha columnata a modo de pronaos, unha amplia cella redonda e unha estrutura prismática intermedia. A gran pronaos e a estrutura de unión coa cella ocuparon por completo o espazo do templo anterior, mentras que a rotonda foi construida sobre o espazo da praza augustea que separaba o panteón da basílica de Neptuno.
As dezaseis columnas da pronaos son monolíticas e de granito exipcio, no arquitrabe hoxe hai unha letras modernas, pero que ocupan os ocos que deixaron as antigas, de bronce, e coa inscripción M.AGRIPA L.F. COS. TERTIUM FECIT (Marco Agripa, Fillo de Lucio, Consul por Terceira vez, Fíxoo)
O que máis chama a atención é esa estrutura circular da cella, de 43,3 metros de diámetro, o mesmo que a altura máxima do edificio, polo que dentro podería albergarse unha gran esfera. Esa estrutura cilíndrica está rematada por unha gran bóveda hemisférica. Dise que a cúpula da Basílica de San pedro fíxose algo máis pequena por respeto a esta.A cúpula está aberta no alto cun gran orificio de 9 metros de diámetro, polo que entra a luz e tamén... a chuvia. Podedes consultar detalles técnicos da construcción no blog amigo INICIARTE.
É o primeiro caso de un templo pagano convertido ao culto cristiano. Por esta razón foi o único edificio da Antiga Roma que permaneceu intacto e en uso ininterrumpido. O edificio salvouse da destrucción a principio da Idade Media, porque xa en 608 o emperador bizantino Focas llo donou ao papa Bonifacio IV, que o transformou en igrexa cristiana (Santa María dos Mártires) dándolle un aniversario á festa de tódolos mártires (13 de maio), que máis tarde o papa Gregorio III converteu en festa de tódolos santos cambiando a data para o 1 de novembro en resposta ás celebracións paganas do Samaín no 31 de Outubro.
Como ocurría con outros edificios romanos, moitas das súas partes estaban revestidas en bronce (frontón, incripcións, casetóns interiores..) que desapareceu. Son diversas as opinións sobre a onde foi parar o bronce: para o baldaquín de Bernini o bronce do frontón por orde do papa Urbano VIII, para os canóns do Castell sant' Angelo...