Mostrando entradas con la etiqueta consellos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta consellos. Mostrar todas las entradas

29/11/09

Novidades curso 2009-2010

Estimadas alumnas do segundo curso de bacharelato: non tiña pensado retomar este blog, á espera da nova web do insti, pero non temos máis remedio que continuar colgando os contidos no blog. NA BARRA LATERAL, atoparedes a sección Aula Virtual, na que podedes SEGUIR EN DIRECTO OS APUNTES de sintaxe e morfoloxía que imos dando na clase. Xa non hai excusas para a perda de apuntes.
Ademais de poder estudar dende o blog, podedea acompañarvos dunha suave música que está á vosa disposición no novo Mixpod da barra lateral. Se tedes algunha suxestión musical, xa sabedes: traédea en mp3 e colgámola no blog. A DISFRUTAR ESTUDANDO.

27/5/09

Selectividade: cabesiña e poucos nervos

En resposta ao comentario de Xoan, quero enviarvos a todas/os unha mensaxe de tranquilidade. En primeiro lugar, Xoan, o que propós está ben, pero calquera repaso de gramática tería máis sentido se o fixeses repasando os textos xa feitos e fixándote nas cuestions de sintaxe que neles aparecen e que están comentadas. Lembrovos que hai algúns exemplos de textos analizados na barra lateral.

Por outra banda, e dado que vexo que non navegades moi ben polo apartado SELECTIVIDADE, envío o ENLACE DIRECTO Á PÁXINA ONDE SE EXPLICA O EXAME DE LATÍN. Outro ENLACE AO MODELO DE EXAME. E por último, desde ESTE ENLACE, se picades en CRITERIOS DE CORRECCIÓN, XUÑO 2008, aínda que o modelo de exme de aí non sirva, si que ven no documento unha explicación de como se debe contestar aos exames.

Ademáis, non esquezades facer algún texto novo que resolveremos os días que queirades. Estou sempre aquí.