15/6/09

En resposta a un comentario anterior. Selectividade

Efectivamente "no está el horno para bollos", e menos para liarse a estas alturas.
Imos ver: Non confundades as lecturas cos temas de literatura, pois entran dentro de cuestións distintas de selectividade. Os temas de literatura entran todos. Épica (Virxilio), Lírica (Horacio), Comedia (Plauto), Oratoria (Cicerón) e Historia (Tito Livio). Todos estes temas foron vistos en clase, de todos tedes as fotocopias (algúns tamén están na aula virtual), e do único que non vos examinastes (previo acordo) foi Tito Livio, pero deixamos ben claro que era materia de selectividade e quedou visto e explicado en clase. Creo que vos estades liando polos nervos, e iso que explicamos vinte mil veces como era o exame de selectividade, deixeivos os enlaces para lembralo en entradas anteriores e dende principio de curso tedes o enlace da selectividade na barra lateral. UNHA TILA? Sorte e xustiza.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

si si, queda claro cales son os temas de selectividade e todo está baixo control. A miña pregunta é si dentro de, por exemplo, a comedia (que sabemos as características e plauto) tamén hai que estudiar para selectividade os outros autores que en clase dixemos que non facía falla.

Beni dijo...

Que non!. A comedia:Plauto, e nada máis, señor/a anónimo/a.