Preguntades acerca do que poden preguntar sobre as lecturas propostas. A verdade é que é unha incógnita, posto que nunca houbo un exame que as incluise. Só temos como referencia a proposta de exame que ven nos enlaces que xa vos teño proporcionado, onde unicamente plantexan dúas cuestións para escoller unha (unha de Golfus de Roma e outra acerca de Anfitrion). Estando así as cousas, tranquis. Tedes que ler con atención os textos e tratar de ver neles as características dos temas estudados (por exemplo: os textos de Catulo, líricos, fan un percorrido pola relación entre catulo e Lesbia). A continuación, DON'T WORRY, pois as lecturas son UNHA das CATRO cuestións do apartado sobre o mundo clásico, e aquí só debedes CONTESTAR DÚAS, a escoller entre:
- As lecturas- Sufixos latinos
- TOPONIMIA
-EXPRESIÓNS LATINAS (sabedes xa que escoller?)
Así que tedes de sobra onde escoller, pero adxúntovos un novo enlace á Wiki de Chironweb sobre a selectividade galega, onde veñen incluso guías didácticas das lecturas e de Golfus de Roma, ademais de todos os outros temas da selectividade.
Por último, RECOMENDO VIVAMENTE visitar o último enlace da entrada anterior, que repito aquí por se acaso, e que piquedes no apartado Criterios de corrección das PAAU de Xuño de 2008. Lede ben, porque explican como hai que facer os comentarios sintácticos (máis simples do que faciamos nas clases) e as análises. Tamén vos dará unha idea de como hai que contestar aos temas de literatura.
2 comentarios:
ola Beni, son Xoán. Estiven vendo Golfus de Roma e... jaja é boísima. Ten un humor moi monthy phyton! Ademais é certo que caracteriza moi ben aos personaxes da comedia plautiana, aínda que o comentario da pelicula que ven nun dos links que nos deizaches é de 14 páxinas, e non está el horno para bollos.
PREGUNTA: Os puntos de literatura que non tivemos que estudar para os exames de clase temos que estudialos para a selectividade (non vale botarlle unha ollada, por que ou entran ou non e non está el horno para bollos).
Publicar un comentario