Preguntades acerca do que poden preguntar sobre as lecturas propostas. A verdade é que é unha incógnita, posto que nunca houbo un exame que as incluise. Só temos como referencia a proposta de exame que ven nos enlaces que xa vos teño proporcionado, onde unicamente plantexan dúas cuestións para escoller unha (unha de Golfus de Roma e outra acerca de Anfitrion). Estando así as cousas, tranquis. Tedes que ler con atención os textos e tratar de ver neles as características dos temas estudados (por exemplo: os textos de Catulo, líricos, fan un percorrido pola relación entre catulo e Lesbia). A continuación, DON'T WORRY, pois as lecturas son UNHA das CATRO cuestións do apartado sobre o mundo clásico, e aquí só debedes CONTESTAR DÚAS, a escoller entre:
- As lecturas - Sufixos latinos - TOPONIMIA -EXPRESIÓNS LATINAS (sabedes xa que escoller?)
Por último,
RECOMENDO VIVAMENTE visitar o último enlace da entrada anterior,
que repito aquí por se acaso, e que piquedes no apartado
Criterios de corrección das PAAU de Xuño de 2008. Lede ben, porque explican como hai que facer os comentarios sintácticos (máis simples do que faciamos nas clases) e as análises. Tamén vos dará unha idea de como hai que contestar aos temas de literatura.