28/10/08

A dinastía Xulio-Claudia

Para satisfacer a curiosidade de Juan, aí vai unha breve historia familiar:

A irmá de C. Xulio César, Xulia, casou con M. Atio Balbo e tiveron unha filla, Atia. Esta casou con C. Octavio e tiveron dous retoños: Octavio Augusto e Octavia.

Octavio casou moi novo con Claudia (Clodia Pulchrer), fillastra de Marco Antonio, da que se divorciou no 40 a. C. porque lle "resultaba molesta" . Deste xeito Augusto puido casar cunha viuva rica, Escribonia. O divorcio de Claudia enfureceu á súa mamá, Fulvia, esposa de M. Antonio, e tratou de indispoñer a este contra Augusto durante o triunvirato. Pero Fulvia morreu oportunamente e M. Antonio casou con Octavia, irmá de Augusto, sellando así unha paz momentánea.
A nova muller, Escribonia, era neta de Pompeo Magno e nai da que sería a única filla natural de Augusto, Xulia, coa que máis adiante casará Agripa, o famoso lugarteniente de Augusto.
No 39 Augusto divórciase de Escribonia para casar con Livia, que tivo que divorciarse á súa vez, pois estaba casada con Tiberio Claudio Nerón, o cal loitara no bando dos asasinos de César contra Augusto. Esta voda supón a salvación da familia. Livia xa tiña un fillo, o futuro emperador Tiberio, e estaba embarazada de Druso o Maior, de cuxo matrimonio con Antonia a Xoven, filla de Octavia e M. Antonio, vai nacer Xermánico.
Do matrimonio da primeira filla de Augusto, Xulia, con Agripa nace, entre outros, Agripina, que acabará casando con Xermánico. Desta parella tan grata para os romanos vai nacer un neno que recibirá o sobrenome de Calígula, cuxas bisavoas son as dúas mulleres de Augusto: Escribonia e Livia.
Outro irmán de Xermánico era Claudio, que chegará ao poder á morte de Calígula. Claudio, casou en terceiras nupcias con Agripina, sobriña del e filla de Xermánico, a cal consigue que este nomee herdeiro a un fillo que tiña dun matrimonio anterior, Nerón, por diante incluso de Británico, o fillo que Claudio tivera con Mesalina.

19/8/08

Recursos novos na barra lateral

Temos en marcha esta poderosa ferramenta para estudiar e repasar o latín que aprendemos por cursos (ESTUDIAMOS LATÍN). Unha vez que ingresedes na páxina principal do proxecto Palladium, deberedes seleccionar a opción ALUMNADO, dentro dela escolledes a materia que queredes repasar e despois o tema. En cada tema hai recadro en JAVA para poder practicar exercicios. A ver quen é a primeira (ou primeiro). Ánimo, xa faltou máis e sei que o estades a pasar mal sen clase, pero así é a vida, de vez en cando tedes que coller vacacións.

19/6/08

POR PROBAR QUE NON SEXA

Queridos alumnos/as. Creo que non vos foi mal neste curso de latín. Todos (os que fixestes exame) aprobados. Moi ben, pero hai que prepararse para o próximo curso. Este blog, que empecei como blog de probas, aspira ser para o próximo curso unha ferramenta ó voso servizo. A partir de agosto ireivos poñendo RECORDATORIOS, para que cheguedes frescos. Xa tedes na barra lateral algúns enlaces nos que curiosear. E ós que veñan novos a esta cousa vella que é o latín, meterémolos de cabeza no blog, chegando ó pasado a través do futuro (lembrade: -URUS, -URA, -URUM). Pasade unhas boas vacances.

28/1/08

No dudaría

Para os meus alumnos no día da paz

22/1/08

Desinencias verbais


21/1/08

Reto

Alguén preguntaba nos comentarios: Para cando un verdadeiro reto en latín? Pois aquí tedes o primeiro:

Primae taxationis recuperatio a.d. IX Kal. Feb.

Lembrade: Tres primeiras declinacións (sustantivos e adxectivos), Presente e pret. imperfecto indicativo activo das catro conxugacións, enunciados nominais, declinación de sintagmas.

ATENCIÓN A: Sustantivo e adxectivo concordan en xénero, número e caso, NON EN DECLINACIÓN (non necesariamente)

29/11/07

Empezamos forte: recórdovos que teremos os exames nos días 7 e 10 se non hai vaiaxe a Santiago, pero se o hai pasarán ós días 10 e 12