Bitácora para a clase de Latín do IES Alexandre Bóveda. Para sorprendernos uns ós outros.
9/12/08
3/12/08
2/12/08
21/11/08
13/11/08
EUTROPIO NA BARRA LATERAL
Xa está aquí. Xa podedes traducir todo e moito máis: temos todos os textos de Eutropio á vosa disposición na barra lateral, xusto debaixo da nosa aula virtual. Agora xa non valen excusas como "quedoume o texto na clase de música" ou "me lo robó un señor". De nada, queridos e doctos alumnos/as.
28/10/08
A dinastía Xulio-Claudia
Para satisfacer a curiosidade de Juan, aí vai unha breve historia familiar:
A irmá de C. Xulio César, Xulia, casou con M. Atio Balbo e tiveron unha filla, Atia. Esta casou con C. Octavio e tiveron dous retoños: Octavio Augusto e Octavia.
Octavio casou moi novo con Claudia (Clodia Pulchrer), fillastra de Marco Antonio, da que se divorciou no 40 a. C. porque lle "resultaba molesta" . Deste xeito Augusto puido casar cunha viuva rica, Escribonia. O divorcio de Claudia enfureceu á súa mamá, Fulvia, esposa de M. Antonio, e tratou de indispoñer a este contra Augusto durante o triunvirato. Pero Fulvia morreu oportunamente e M. Antonio casou con Octavia, irmá de Augusto, sellando así unha paz momentánea.
A nova muller, Escribonia, era neta de Pompeo Magno e nai da que sería a única filla natural de Augusto, Xulia, coa que máis adiante casará Agripa, o famoso lugarteniente de Augusto.
No 39 Augusto divórciase de Escribonia para casar con Livia, que tivo que divorciarse á súa vez, pois estaba casada con Tiberio Claudio Nerón, o cal loitara no bando dos asasinos de César contra Augusto. Esta voda supón a salvación da familia. Livia xa tiña un fillo, o futuro emperador Tiberio, e estaba embarazada de Druso o Maior, de cuxo matrimonio con Antonia a Xoven, filla de Octavia e M. Antonio, vai nacer Xermánico.
Do matrimonio da primeira filla de Augusto, Xulia, con Agripa nace, entre outros, Agripina, que acabará casando con Xermánico. Desta parella tan grata para os romanos vai nacer un neno que recibirá o sobrenome de Calígula, cuxas bisavoas son as dúas mulleres de Augusto: Escribonia e Livia.
Outro irmán de Xermánico era Claudio, que chegará ao poder á morte de Calígula. Claudio, casou en terceiras nupcias con Agripina, sobriña del e filla de Xermánico, a cal consigue que este nomee herdeiro a un fillo que tiña dun matrimonio anterior, Nerón, por diante incluso de Británico, o fillo que Claudio tivera con Mesalina.
19/8/08
Recursos novos na barra lateral
Temos en marcha esta poderosa ferramenta para estudiar e repasar o latín que aprendemos por cursos (ESTUDIAMOS LATÍN). Unha vez que ingresedes na páxina principal do proxecto Palladium, deberedes seleccionar a opción ALUMNADO, dentro dela escolledes a materia que queredes repasar e despois o tema. En cada tema hai recadro en JAVA para poder practicar exercicios. A ver quen é a primeira (ou primeiro). Ánimo, xa faltou máis e sei que o estades a pasar mal sen clase, pero así é a vida, de vez en cando tedes que coller vacacións.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)