Na barra lateral, no apartado "Estudamos latín", tedes un enlace directo aos textos de Fedro, outro á Latin Library (biblioteca de autores latinos) e un adicado á literatura latina. Espero que vos sirvan para complementar a vosa preparación de cara a selectividade.E de regalo deixovos unha foto moi romana, anticipo do que vai vir.
3 comentarios:
Pero que....!
Como me gustou ese edificio por dentro...
Hola Beni, son Xoán. Fíxenme para estes días antes de Selectividade un plan de estudos para traballar organizado e nin perder tempo nin estar agobiado. Así que, en canto a latín pensei o seguinte:
-Repaso de todo o que é a gramática atendendo sobre todo a estas cousas que se me escapan e, se teño dúbidas, preguntareiche o martes, que é cando volveremos a vernos.
-Logo está a teoría, aquí se me falta algún tema por favor avisadme non vaia ser...
1)A oratoria en Roma
2)Virxilio
3)Tito Livio
4)A comedia
5)A poesía lírica
-Tamén espero que con ler as lecturas que nos deches sexa suficiente.
-Por último lerei una vez a toponimia e as expresións latinas.
Se me falta algo dimo, sobre todo de literatura. Grazas
Publicar un comentario