28/10/08

A dinastía Xulio-Claudia

Para satisfacer a curiosidade de Juan, aí vai unha breve historia familiar:

A irmá de C. Xulio César, Xulia, casou con M. Atio Balbo e tiveron unha filla, Atia. Esta casou con C. Octavio e tiveron dous retoños: Octavio Augusto e Octavia.

Octavio casou moi novo con Claudia (Clodia Pulchrer), fillastra de Marco Antonio, da que se divorciou no 40 a. C. porque lle "resultaba molesta" . Deste xeito Augusto puido casar cunha viuva rica, Escribonia. O divorcio de Claudia enfureceu á súa mamá, Fulvia, esposa de M. Antonio, e tratou de indispoñer a este contra Augusto durante o triunvirato. Pero Fulvia morreu oportunamente e M. Antonio casou con Octavia, irmá de Augusto, sellando así unha paz momentánea.
A nova muller, Escribonia, era neta de Pompeo Magno e nai da que sería a única filla natural de Augusto, Xulia, coa que máis adiante casará Agripa, o famoso lugarteniente de Augusto.
No 39 Augusto divórciase de Escribonia para casar con Livia, que tivo que divorciarse á súa vez, pois estaba casada con Tiberio Claudio Nerón, o cal loitara no bando dos asasinos de César contra Augusto. Esta voda supón a salvación da familia. Livia xa tiña un fillo, o futuro emperador Tiberio, e estaba embarazada de Druso o Maior, de cuxo matrimonio con Antonia a Xoven, filla de Octavia e M. Antonio, vai nacer Xermánico.
Do matrimonio da primeira filla de Augusto, Xulia, con Agripa nace, entre outros, Agripina, que acabará casando con Xermánico. Desta parella tan grata para os romanos vai nacer un neno que recibirá o sobrenome de Calígula, cuxas bisavoas son as dúas mulleres de Augusto: Escribonia e Livia.
Outro irmán de Xermánico era Claudio, que chegará ao poder á morte de Calígula. Claudio, casou en terceiras nupcias con Agripina, sobriña del e filla de Xermánico, a cal consigue que este nomee herdeiro a un fillo que tiña dun matrimonio anterior, Nerón, por diante incluso de Británico, o fillo que Claudio tivera con Mesalina.

5 comentarios:

Pablo Carrera dijo...

Parece unha telenovela pero moito máis liosa.
Diredes o que queirades, pero eu me perdo con tanto nome.

Anónimo dijo...

Pois moitas grazas, é estupendo ter tan clara a dinastía Xulio-Claudia. Aposto a que nin Eutropio resumia tanto, pero duda saciada.

Xoán.

Anónimo dijo...

Non vas colgar a presentación do "ut"? (seríame moi útil)

xoán

Antonio Martínez dijo...

Agora xa comprendo todo

Anónimo dijo...

Será socarrón?