15/6/09

En resposta a un comentario anterior. Selectividade

Efectivamente "no está el horno para bollos", e menos para liarse a estas alturas.
Imos ver: Non confundades as lecturas cos temas de literatura, pois entran dentro de cuestións distintas de selectividade. Os temas de literatura entran todos. Épica (Virxilio), Lírica (Horacio), Comedia (Plauto), Oratoria (Cicerón) e Historia (Tito Livio). Todos estes temas foron vistos en clase, de todos tedes as fotocopias (algúns tamén están na aula virtual), e do único que non vos examinastes (previo acordo) foi Tito Livio, pero deixamos ben claro que era materia de selectividade e quedou visto e explicado en clase. Creo que vos estades liando polos nervos, e iso que explicamos vinte mil veces como era o exame de selectividade, deixeivos os enlaces para lembralo en entradas anteriores e dende principio de curso tedes o enlace da selectividade na barra lateral. UNHA TILA? Sorte e xustiza.

10/6/09

Máis sobre a selectividade

Preguntades acerca do que poden preguntar sobre as lecturas propostas. A verdade é que é unha incógnita, posto que nunca houbo un exame que as incluise. Só temos como referencia a proposta de exame que ven nos enlaces que xa vos teño proporcionado, onde unicamente plantexan dúas cuestións para escoller unha (unha de Golfus de Roma e outra acerca de Anfitrion). Estando así as cousas, tranquis. Tedes que ler con atención os textos e tratar de ver neles as características dos temas estudados (por exemplo: os textos de Catulo, líricos, fan un percorrido pola relación entre catulo e Lesbia). A continuación, DON'T WORRY, pois as lecturas son UNHA das CATRO cuestións do apartado sobre o mundo clásico, e aquí só debedes CONTESTAR DÚAS, a escoller entre:
- As lecturas
- Sufixos latinos
- TOPONIMIA
-EXPRESIÓNS LATINAS (sabedes xa que escoller?)

Así que tedes de sobra onde escoller, pero adxúntovos un novo enlace á Wiki de Chironweb sobre a selectividade galega, onde veñen incluso guías didácticas das lecturas e de Golfus de Roma, ademais de todos os outros temas da selectividade.
Por último, RECOMENDO VIVAMENTE visitar o último enlace da entrada anterior, que repito aquí por se acaso, e que piquedes no apartado Criterios de corrección das PAAU de Xuño de 2008. Lede ben, porque explican como hai que facer os comentarios sintácticos (máis simples do que faciamos nas clases) e as análises. Tamén vos dará unha idea de como hai que contestar aos temas de literatura.