19/6/08

POR PROBAR QUE NON SEXA

Queridos alumnos/as. Creo que non vos foi mal neste curso de latín. Todos (os que fixestes exame) aprobados. Moi ben, pero hai que prepararse para o próximo curso. Este blog, que empecei como blog de probas, aspira ser para o próximo curso unha ferramenta ó voso servizo. A partir de agosto ireivos poñendo RECORDATORIOS, para que cheguedes frescos. Xa tedes na barra lateral algúns enlaces nos que curiosear. E ós que veñan novos a esta cousa vella que é o latín, meterémolos de cabeza no blog, chegando ó pasado a través do futuro (lembrade: -URUS, -URA, -URUM). Pasade unhas boas vacances.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ante todo seriedade, que o ano que ven vai ser moi duro e teremos, mais ben eu, qe pornos as pilas dende o principio.
Asi que a descansar moito.

Feliz Vran!


Por Pablo